PUBLICIDADE

Camariñas convoca o certame literario infantil e xuvenil polo Día das Letras Galegas

Camariñas convocou o seu certame literario infantil e xuvenil co gallo das Letras Galegas

Este venres 9 de maio vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases do certame literario infantil e xuvenil que organiza o Concello de Camariñas para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras e á poesía popular.

Así, o prazo para presentar os traballos remata o vindeiro luns 12 de maio. No certame poderán participar todas as persoas que cursen estudos de educación infantil, primaria e secundaria nalgún dos centros educativos do municipio, así como residentes de Camariñas que cursen estudos nun centro doutro Concello.

PUBLICIDADE

Haberá un total de 580 euros en premios para as diferentes categorías que se repartirán do seguinte xeito: mellor traballo colectivo Educación Infantil (80 euros); mellor prosa 1º ciclo de Primaria (30 euros); mellor poesía 1º ciclo de Primaria (30 euros); mellor prosa 2º ciclo de primaria (30 euros); mellor poesía 2º ciclo de primaria (30 euros); mellor prosa 3º ciclo de primaria (30 euros); mellor poesía 3º ciclo de primaria (30 euros); mellor prosa 1º ciclo de secundaria (80 euros); mellor poesía 1º ciclo de secundaria (80 euros); mellor prosa 2º ciclo de secundaria (80 euros); mellor poesía 2º ciclo de secundaria (80 euros).

As obras serán individuais, en prosa ou en verso, orixinais, escritas en lingua galega e de tema e extensión libres, coa excepción das persoas que cursen estudos en educación infantil que terán que presentar un traballo colectivo. Cada centro educativo poderá entregar un máximo de tres traballos por subcategoría.

As bases completas do certame poden consultarse en https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/05/09/2025_0000002826.pdf

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.