PUBLICIDADE
Muxía presenta unha programación completa para celebrar o día das Letras Galegas

Este próximo sábado 17 de maio é o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á poesía popular oral e ás cantareiras. O Concello de Muxía propúxose celebralo por todo o alto con unha programación variada ao longo de todo o día.

Pola mañá renderase unha homenaxe e ofrenda floral ao escritor e poeta muxián Gonzalo López Abente, a quen lle foi dedicado o Día das Letras Galegas de 1971. Como parte dese recordo, realizarase a Ruta Abentiana, na que se percorrerá Muxía a través dos versos do poeta, redescubrindo así algúns dos lugares máis emblemáticos da vila. A Fundación López Abente será a encargada de dirixir a ruta. A homenaxe comezará ás 11:00 no Monumento dedicado ao propio autor, na Cruz.

PUBLICIDADE

Pola tarde continuará a celebración cun bo Serán das Letras no que participarán a Coral Virxe da Barca, o Coro Tradicional Xacarandaina, as Abaladeiras de Muxía e a Pandeireta Xacarandaina. Ao remate das actuacións haberá foliada libre. Será a partir das 18:00 horas en Cabo da Vila.

Polo tanto, en Muxía este Día das Letras Galegas vai ser moi especial.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.