PUBLICIDADE
O auditorio de Cabana de Bergantiños ateigouse para desfrutar das actuacións polo día das Letras Galegas

O Concello de Cabana de Bergantiños celebrou na mañá do sábado 17 de maio un acto polo Día das Letras Galegas. A homenaxe, que conmemoraba ás cantareiras e á poesía popular oral, tivo lugar nun auditorio municipal ateigado de veciños e veciñas.

 A xornada, que arrancou ás 11 da mañá, contou coas actuacións das corais de San Martin de Cesullas e Canduas, as Cantareiras de Anos, Matilde Vilariño, Icía e Pablo Díaz e o grupo Son de Cabana. Tamén houbo espazo para a Escola Municipal de Teatro onde os máis cativos o deron todo sobre o escenario e fixeron desfrutar ao público asistente.

PUBLICIDADE
As Letras Galegas homenaxeou ás cantereiras e á poesía popular oral

Ademais, participaron a xunta local da AECC e Cáritas de Cesullas, Canduas e Borneiro, nun evento que mesturou cultura, música e solidariedade para reivindicar a riqueza da lingua galega.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.