A actividade, organizada pola área de Benestar Social e destinada a veciños e veciñas maiores de 55 anos do municipio coruñés, desenvolverase do 30 de setembro ao 7 de outubro de 2025.
O Concello de Vimianzo abre este xoves 26 de xuño, o período para inscribirse na excursión á Costa Brava, situada na provincia catalana de Girona. A iniciativa, que está destinada a veciños e veciñas maiores de 55 anos do municipio coruñés, desenvolverase do 30 de setembro ao 7 de outubro de 2025.
As inscricións para esta estadía pódense facer efectivas desde esta mesma semana na área de Benestar Social ata completar o número máximo de participantes. As prazas, que son limitadas, iranse cubrindo por estrita orde de chegada.
Por motivos de organización para poder reservar os billetes de avión, é imprescindible presentar o DNI e que estea en vigor durante as datas de viaxe.
Así, para facilitar o pago da saída, darase a posibilidade de realizalo en varios prazos.