PUBLICIDADE

Vimianzo será por primeira vez unha das sedes do Festival Atlántica

Vimianzo, que será por primeira vez sede, tivo representación na presentación do Festival Atlántica en Santiago de Compostela

A vila de Vimianzo será, por primeira vez, unha das sedes do Festival Atlántica, o festival internacional de narración oral. A alcaldesa da localidade coruñesa, Mónica Rodríguez, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, participaron na presentación do programa completo da décimo terceira edición, que se vai celebrar entre o 28 de xuño e o 6 de xullo.

Nunha edición que contará con 25 sedes, o municipio soneirán estrearase o domingo 29 de xuño cunha oferta dobre para o público adulto. Así, ás 19:30 horas realizarase unha visita guiada ao Castro das Barreiras da man de Ángel Concheiro. Deseguido, ás 20:30 horas, terá lugar, nese mesmo espazo, o espectáculo ‘Contar para vivilo’, de Cándido Pazó.

PUBLICIDADE

Xa no mes de xullo, o mércores día 2, os máis pequenos e pequenas da casa serán os protagonistas. O Castelo de Vimianzo acollerá unha dobre representación de ‘Procúrase Pepa a Loba’, de Cris Collazo, primeiro para a rapazada do campamento Vimiverán e logo para o público xeral.

Todas as actividades que se organizan no Concello dentro do marco do Festival son de balde e abertas ao público.

Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, e a técnica de Cultura do Concello, Nieves Lema, mostran o programa do Festival coa Catedral de Santiago ao fondo.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.