PUBLICIDADE
Publicidade

CELEGA obtén as certificacións de xestión ambiental e residuo cero

PorCrónicas da Comarca

Venres, 2 Agosto 2024 ,
CELEGA. Entrega certificacións.CELEGA. Entrega certificacións

Dende febreiro de 2017 a empresa desenvolve un modelo de produción eficiente

Celega, a industria láctea situada no Saviñao en Lugo, é xa unha empresa con certificacións de xestión ambiental e residuo cero.

Foi en febreiro de 2017, cando a empresa comezou a desenvolver un modelo de producción eficiente que promove o uso de enerxías renovables, a mitigación das emisións da propia actividade, e a eficiencia no consumo de recursos naturais e aforro de enerxía. Dende aquelas, xunto co esforzó de renovación e modernización de todo o complexo de fabricación, Celega acometeu unha reforma integral do sistema de tratamento de residuos e a construccións dunha planta de tratamento de augas residuais (EDAR) equipada coas mellores tecnoloxías disponibles no mercado.

PUBLICIDADE
Publicidade

A certificaci6n de xestión ambiental (ISO 14.001) conleva a implantación dun sistema que serve para realizar a xestión dos riscos medioambientais que xurden co desenvolvemento da actividade empresarial, a planificaci6n para a prevención e protección do medio ambiente e tamén para a conformidade legal.

O certificado Residuos Cero acredita que Celega valoriza a súas fraccións de residuos, evitando que teñan como destino final o vertedoiro.

Ambas certificacións permiten a CELEGA acreditar o seu compromiseo polo medioambiente e a adecuación do desenvolvmento da súa actividade coa normativa medioambiental, pero tamén a optimización no tratamento de residuos, disminuí os custes de xestión de residuos e contribuir, de forma decidida, o impluso da economía circular.

CELEGA é unha das empresas punteiras galegas, onde participan Cooperativa de Lemos cun 80% das accións da mesma, e con máis de 800 socios e 520 granxas logo da fusión con COGAPEN de Sarriá, e cun 20% da accións son da cooperativa Coreber da comarca de Bergantiños

ACTO DE ENTREGA DE CERTIFICACIÓNS

O acto de entrega de certificacións por parte da entidade independente AENOR, asistiron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, o secretario socialistas, José Ramón Gómez Besteiro e a viceportavoz parlamentaria, Lara Méndez, entre outras autoridades.

O director xeral do grupo Celega-Cooperativa de Lemos, José Manuel Rodríguez Fernández que acompañou aos asistentes na visita ás instalacións, sinalou que “estas certicacións suponen un paso adiante na estratexia de CELEGA e da Cooperativa Lemos de búsqueda dun modelo de produción sostible que dá resposta a unha sociedade cada vez máis sensible e comprometida co medioambiente”.

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.